MUSEO DO FERROCARRIL DE GALICIA, MONFORTE DE LEMOS DOMINGO 27/10/19

Luns 28/10/19

E alí fomos!!, unha excursión chea de anécdotas onde o único que importa e que os pequenos e pequenas creemos co pasaron en grande e moitos dos pais e nais tamén. Quedamos cas cousas bonitas, ca ilusión de viaxar en tren cos amigos e amigas do cole, ca unión dos pais, nais e titores , que e un lazo fundamental tamén para a educación dos nosos fillos e fillas e con máis ganas de organizar outra!!! moitísimas gracias a todos/as por compartir con nos esta viaxe !! por esta e por moitas máis!!! Ata a próxima!!

¿COMO É O MUSEO DO TREN?

O Museo do Ferrocarril de Galicia atópase na cidade ferroviaria de Monforte de Lemos, localidade que creceu social e economicamente ao amparo das vellas locomotoras de vapor. O museo sitúase nas antigas instalacións do depósito de tracción vapor, un dos máis importantes do norte de España na súa época. O museo ferroviario conserva edificacións da arqueoloxía industrial ferroviaria dos tempos do vapor entre a que se atopa a nave da rotonda, edificio en forma de ferradura con 38 vías radiais e ponte transbordadora giratorio. Este complexo é único en España polas súas dimensións. A rotonda está catalogada como elemento destacado do Patrimonio Industrial ferroviario Europeo. As instalacións do museo monfortino contan cunha importante colección de locomotoras e vagóns en estado operativo o que permite o seu uso en trens históricos que circulan pola rede viaria galega. O museo do tren tamén dispón dun parque temático ferroviario polo que transitan trens tripulados a pequena escala onde os nen@s poden converterse en maquinistas o xef@s da estación.

¿EN QUE CONSISTE A VISITA O MUSEO?

As visitas guidas están pensadas tanto para maiores como para nen@s en idade escolar. Son moitos os colexios que xa programan saídas en grupo ao Museo do Ferrocarril de Galicia para saber un pouco máis da historia deste medio de transporte que foi fundamental no desenvolvemento social e económico da nosa comunidade.A visita ao museo do tren contempla un percorrido pola nave de restauración onde se atopanas mellores e máis importantes locomotoras e coches de viaxeiros que circularon por Galicia. Ás visitas organizadas en grupo ofréceselles a posibilidade de realizar un percorrido nun mini-tren propio polo complexo arquitectónico, incluída a gran rotonda ferroviaria que aparece na foto.