Quen se Atopa Detras das Extraescolares

MaNualiDadeS e PINTURA

Podedes ver o seus traballos facendo clic na imaxe

Dedicamonos a coidar e recuperar a creatividade innata e a imaxinación das persoas que asisten ao taller respectando os graos e a maneira que cada un e cada unha ten de expresalos. 

Aceptamos a curiosidade e valorámola como algo positivo cando se mostra, deixando unha vía aberta ao descubrimento persoal e único.

Sempre nos enfocamos na creación de novas ideas que dan lugar a proxectos orixinais e únicos como cada ún de nos.

Cada proxecto e unha historia persoal porque o crea cada un e cada unha desde o seu propio mundo, froito dunha historia que xa traemos, que nos fai ser diferentes e únicos e únicas.

Respectamos os ritmos de cada persoa, isto é imprescindible para o benestar dos asistentes ao taller, e aínda que o grupo leve un ritmo diferente o que alguén en concreto, poida necesitar, sexa maior ou menor, lémbrase a importancia do percorrido e do camiño e non do resultado. Non buscamos obras de arte buscamos un bo proceso, un bo desenvolvemento e con iso a aprendizaxe que non está no resultado propiamente senón no global da realización.
Todos os coñecementos doutras áreas teñen cabida nas prácticas artísticas por iso o que cada un traia de fóra é ben recibido no taller para o seu uso na xeración de propostas, sen restricións, sempre tendo en conta o respecto á contorna e ao grupo.
É un espazo con normas que teñen sempre cun motivo cognitivo, pero é un lugar para romper moldes, ser independente e ousado, sempre desde a práctica artística. 
Apostamos por xerar historias novas sen imitacións, para ir máis aló do aparente, e do acabado, o importante é buscar, experimentar e non necesariamente acabar en todas as ocasións, non hai un final establecido sen un compromiso cun mesmo.  

Obxectivos

  • Fomentar a Creatividade
  • Favorecer a Imaxinación
  • Promover Espazos Para a Diversión dende a calma e a concentración.

Pouco  a pouco estámonos dando conta que a práctica artística é moi importante para o ser humano, tanto na etapa de crecemento, como na madurez, xa que mellora a capacidade creadora e por tanto mellora o pensamento reflexivo que inflúe en moitos ámbitos do noso día a día proporcionándonos mellores ferramentas para pensar por nós"



BALONCESTO   PequeBasKeT

Obxectivos


- Fomentar os valores positivos do deporte: constancia, traballo en equipo, respeto polos demais, autosuperación.
-Desenvolver hábitos saudables.
-Promocionar o baloncesto e as actividades deportivas.
-Gozar das actividades de grupo e  divertirse                               
 -Mellorar as habilidades coordinativas básicas.

kaRaTe

@s Nos@s NeN@s Da Ponte!

Obxectivos

O obxectivo principal do Arte Marcial KARATE en Idade Infantil é formar unha Persoa centrada e pacífica, segura de si mesma e cunha saúde a toda proba a través dun Completo Sistema de Adestramento. 

Son incontables os Beneficios do Karate no Desenvolvemento Integral do neno/a nos Tres Niveis: Motriz, Mental e Emocional. O Karateka Infantil á vez que Goza coa súa práctica...: 

- Alinea e mellora a Postura Corporal, desenvolve Resistencia e Velocidade muscular entre outros factores físicos, ... 

-Mellora notablemente a Concentración e a Disciplina do neno/a, ... 

-Permite melloras na Auto-estima, Control Emocional e a Sociabilidad, ... Así a práctica de Karate convértese nun Completo Sistema de Defensa Persoal que permite protexer a propia Integridade dos nosos nenos/as.

 Futbol Sala PequeFutboL

Club Ribeira Futbol Sala 

Obxectivos

O noso obxetivo pasa por fomentar o deporte e promocionar o futbol sala, así como de transmitir a calquera integrante da nosa escola de formación, os valores humanos e deportivos, para a correcta realización de esta actividade, dentro da diversión, compromiso, respeto e educación. 


ObraDoiro de CienciaS

CIENCIA KIDS®

Obxectivos

INFORMACIÓN XERAL TALLER CIENTÍFICO DE CIENCIA KIDS®

As ciencias son a base da creación dun pensamento crítico e individual no neno/a; xa que a experimentación e a comprobación de hipótese proporciónanlle as ferramentas necesarias para reflexionar e obter conclusións sobre calquera tema que se lle formule, xa sexa científico ou non.

A experimentación é a mellor maneira para introducir aos/ as nenos/ as no mundo das ciencias. Coa realización destes experimentos os nenos elaborarán hipóteses e experimentarán con materiais, para despois desenvolver pensamentos que boten luz ao que sucedeu e así reflexionar sobre os resultados.

En definitiva, o ensino das ciencias pretende contribuír á creación dunha imaxe idónea da ciencia nos/ as nenos/ as, fomentar valores, principios, normas e actitudes que lles sirvan para resolver problemas da sociedade actual.

Talleres participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos/ as e mozos de 5-14 anos que fomentan o traballo en equipo. Actividades interactivas onde se fan experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poden levar a cabo.

Coa realización destes talleres de ciencia búscase proporcionarlles aos nenos/ as unha base de pensamento lóxico deductivo que aparta a explicación 'máxica' ou finalista #ante fenómenos que suceden na natureza. Desenvolvendo iniciativas que espertan o interese dos nenos e nenas pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade.


ROBÓTICA 

ROBOTIX-EDUCACION