XXV Día Da Ciencia Na Rúa

O seu obxectivo é xogar, aprender e participar nunha grande variedade de experiencias científicas, invitando así a espertar a curiosidade pola ciencia. 

O 9 de Maio @s participantes nos Obradoiros de Ciencias que se realizarón durante o curso como actividad extraescolar acudirán a Coruña con motivo da celebración do día da Ciencia na Rúa, polo que queremos aproveitar para ofrecervos @s que queirades a compartir esta viaxe e poder disfrutar deste día cheo de actividades con tod@s nos.

Entrada gratis os museos científicos

Os Museos Científicos Coruñeses sumanse este día con jornada de portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ademáis, o Planetario ofrecerá unha maratón de sesions.

De 11 a 19 horas, tes unha cita no Parque de Santa Margarita

( Pendentes de subila programación completa deste día.....) Seguiremos Informando....



LUGAR DE CELEBRACIÓN: Parque de Santa Margarita - A Coruña

DATA DE CELEBRACIÓN: sábado 9 de maio de 2020 en horario de 11 a 19 h.

OS OBXECTIVOS DO DÍA DA CIENCIA NA RÚA SON:

Sacar a ciencia á rúa. Presentar a ciencia que se fai nos centros escolares.

Popularizar o coñecemento científico. Achegar a ciencia á sociedade.

Desmitificar a ciencia. Presentala como un xogo, como algo sinxelo, fácil de entender e ao alcance de calquera cun mínimo de interese.

Dar protagonismo aos alumnos. Que por unha vez non sexa o profesor o condutor do coñecemento, senón que o alumno sexa o eixo e centro da actividade desenvolvida.

Os principais protagonistas son centros escolares, públicos e privados de toda Galicia, que achegan os coñecementos e procedementos científicos aos cidadáns, propoñendo e presentando ao público o seu propio programa de actividades e experimentos.

PARTICIPACIÓN:

CIENCIA KIDS participa un ano máis con alumnado da actividade extraescolar de Ciencia e Tecnoloxía de: CPR Divino Mestre, Anpa CEIP Illa Verde, Anpa TRISCOS CEIP Luís Pimentel, Anpa CEIP As Mercedes, Anpa CEIP A Ponte e Anpa CEIP Anexa. Dispoñeremos dunha jaima onde poder expoñer, de forma conxunta, o traballo realizado ao longo do curso, sendo o propio alumnado, organizado en grupos, o encargado de explicar a actividade desenvolvida. Para poder participar é IMPRESCINDIBLE asistir de forma habitual á actividade ao longo do curso.

Organizaranse grupos para cumprir coas esixencias da organización, máximo 20 persoas na jaima á vez, cada grupo deberá estar como mínimo 1 h. O resto da xornada é libre para poder gozar e observar o traballo que presentan os distintos centros participantes.

É imprescindible que cada alumno/para acuda acompañado dun adulto responsable. 

 Esta experiencia non supón custo algún para o alumnado e CIENCIA KIDS corre cos gastos de material necesarios para realizar o evento.

STEM Lab CIENCIA KIDS® Science - Technology - Engineering & Math

CONTÁRONMO E ESQUECINO. VINO E ENTENDINO. FÍXENO E APRENDINO

INFORMACIÓN: 667 92 49 51 ⎮ cienciakids@icloud.com ⎮ c/círculo das Artes

Inscrición para participar o 9 de maio no día da Ciencia na Rúa 

Parque Santa Margarita - A Coruña

 (Prazo para Anotarse ata o 19 de Abril)